smSer vivo eucariótico, pluricelular e heterótrofo por inxestión. Adoitan ter un aparato locomotor e un plexo ou sistema nervioso. Os animais presentan unha gran complexidade de tecidos, órganos, aparatos e sistemas, e as súas células son moi diferentes en cada caso.
reino animalUn dos reinos en que se clasifican os seres vivos.
smCalquera dos outros animais, en oposición ao ser humano.
adxRelativo ou pertencente aos animais.
adxQue se comporta de maneira groseira, ruda, intratable ou que actúa con pouco raciocinio. Tm s.
FILOS
animal irracionalCalquera animal non humano.
animal racionalEspecie humana, en contraposición a animal irracional.
Citas
A graxa animal é unha substancia prexudicial para a saúde, O seu instinto animal levouno a defender os seus lobetos