misterio

< lat mysterĭu gr μυστήριον
Pliral: misterios
  1. s m
    1. Cousa escura, oculta, a algúns ou a todos.
    2. Circunstancia de facer unha cousa dun xeito segredo, co coñecemento de moi poucos, especialmente facendo ostentación desta reserva.
    3. HIST/RELIX Rito e doutrina reservados aos iniciados nas relixións antigas, orientais e gregas.
  2. RELIX
    1. s m Designio de Deus de realizar a salvación dos homes por medio de Xesús Cristo. As proposicións de fe consideradas como misterios son a Trindade, a encarnación de Deus e a autocomunicación de Deus ao meniño.
    2. s m Cada un dos pasos da vida, paixón e morte de Xesús Cristo que constitúen as partes en que se divide o rosario.
    3. s m Representación na imaxinaría destes mesmos pasos.
    4. misterio pascual misterio pascual.
  3. s m ESPECT Representación dramática de tema relixioso, de orixe medieval, en que se puñan en escena pasaxes da vida de Cristo, da Nai de Deus ou dalgún santo.
  4. teoloxía dos misterios RELIX Teoloxía baseada na antiga concepción litúrxica e patrística, segundo a que o misterio non se reduce ao seu aspecto intelectualista, senón que é unha presenza actual da acción salvífica de Cristo participada polos fieis na celebración litúrxica.

Citas

  • A desaparición do cadro foi todo un misterio para os investigadores
  • Non nos quere dicir o que fai e anda con moito misterio