misa

< lat tardío missa ‘despedida’
Pliral: misas
  1. s f RELIX Celebración da Eucaristía na Igrexa latina que consta no seu desenvolvemento litúrxico de catro partes: o rito de entrada, a liturxia da Palabra, liturxia eucarística e rito de despedida.
  2. misa baixa RELIX Expresión coa que antes se designaba a misa que non era cantada.
  3. misa de Amador RELIX Cada unha das trinta misas que se daban polos defuntos.
  4. misa de ánimas RELIX Misa que os párrocos tiñan que celebrar polas ánimas do purgatorio coas esmolas que se recollían no peto de ánimas.
  5. misa de estaca RELIX Misa que se celebraba nunha hora e nun altar determinado por unha fundación pía.
  6. misa de ouro RELIX Misa que celebra o sacerdote para conmemorar o cincuenta aniversario da súa primeira misa.
  7. misa de réquiem RELIX Misa que se celebra polos defuntos.
  8. misa do galo RELIX Misa solemne que se celebra á medianoite do 24 ao 25 de decembro.
  9. misa negra Parodia sacrílega da misa católica que se fai para implorar un favor do demo.
  10. misa nova RELIX Primeira misa que di un sacerdote.

Frases hechas

  • Estar coma os cans na misa. Estorbar.
  • 1 Expresa que algu
  • 2 Expresa que algo xa pasou hai moito tempo.
  • Non saber da misa a media. Non estar ben informado ou ignorar cousas.
  • Vaiche na misa

Refranes

  • A misa do galo, unha vez ao ano.
  • A misa e o pensamento son de pouco alimento.
  • Bo é a misa ir e a casa gardar.
  • Misa nova, crego vello.
  • Non hai misas coma as de carpo presente.
  • Non oe a misa a "campana" e a todos a misa chama.
  • Non todos van á misa por rezar.
  • Vale máis oír unha misa en vida, que moitas despois de marta.

Palabras vecinas