anilina

< anil + -ina
Pliral: anilinas
  1. s f QUÍM Amina primaria que se emprega principalmente na fabricación de catalizadores e antioxidantes para o caucho.
  2. s f QUÍM/IND Designación xenérica elíptica dos colorantes sintéticos derivados da anilina.
  3. clorhidrato de anilina/sal de anilina QUÍM Derivado de anilina que se emprega na síntese de colorantes.
  4. pel/coiro anilina IND Pel que estivo adobada, tinguida e acabada polo costado da flor conservando perfectamente o debuxo ou grao natural da mesma pel.
  5. punto de anilina TECNOL Temperatura á que unha gasolina é miscible cun volume igual de anilina que se utiliza para calcular o contido de substancias aromáticas dos hidrocarburos.

Palabras vecinas