miopía

< gr μυωπία
Pliral: miopías
  1. s f MED/PAT Anomalía da refracción estática do ollo, que consiste na converxencia dos raios luminosos nun punto situado diante da retina e que provoca a visión borrosa dos obxectos afastados.
  2. miopía axial PAT Miopía que está causada polo alongamento do eixe anterior-posterior do globo ocular.