minoico -ca

< antropónimo Minos
Pliral: minoicos Masculino: minoico Masculino plural: minoicos Femenino: minoica Femenino plural: minoicas
  1. adx Relativo ou pertencente á Creta antiga ou á súa lingua.
  2. s Natural ou habitante da Creta antiga.
  3. s m LING Lingua que atesouran os documentos en escritura lineal A cretense atopados en Creta e noutras illas do mar Exeo.
  4. civilización minoica HIST/ARTE Civilización prehelénica que se desenvolveu na illa de Creta durante os ss III-II a C. Dividiuse en tres grandes períodos: Minoico Antigo (2700-2200 a C), Minoico Medio (2000-1550 a C) e Minoico Recente (1550-1100 a C). Desenvolveu unha escritura propia, coñecida como lineal A.

Palabras vecinas