ministerio

< lat ministerĭu ‘servizo’
Pliral: ministerios
  1. s m POLÍT
    1. Cada un dos departamentos dos que se compón o poder executivo dun sistema político.
    2. Corpo de ministros dun estado.
  2. s m
    1. Cargo de ministro.
    2. Tempo que dura o exercicio dun ministro.
    3. Edificio no que se encontran as oficinas dun departamento ministerial.
  3. s m
    1. Funcións exercidas por unha persoa que representa unha misión ou delegación.
    2. RELIX Oficio ao servizo da comunidade cristiá.
  4. ministerio fiscal/público DER
    1. Institución integrada no poder xudicial. Ten por obxectivo promover a acción da xustiza en defensa da legalidade, dos dereitos dos cidadáns e do interese público.
    2. Persoa que exerce as funcións de fiscalización dos delitos.