mina

< fr mine
Pliral: minas
  1. s f
    1. Depósito do que se extraen metais, pedras preciosas ou materiais combustibles.
    2. Obra subterránea en que se intenta explotar unha substancia mineral.
  2. s f Manancial ou fonte de auga subterránea.
  3. s f BÉL Artefacto bélico destinado a golpear ao inimigo cunha explosión provocada por sorpresa.
  4. s f Barriña de grafito que vai no interior dun lapis.
  5. s f CONSTR
    1. Paso subterráneo para comunicar dous lugares.
    2. Escavación subterránea feita para captar e conducir augas.
    3. Galería escavada baixo unha fortificación para voala con explosivos.
  6. s f Oficio, emprego ou negocio no que, con pouco traballo, se obtén moita ganancia.

Citas

  • Aquel negocio era unha mina de ouro
  • Este cabalo de carreiras é unha mina de gañar diñeiro

Palabras vecinas