smInstrumento que permite observar obxectos de pequeno tamaño, formando unha imaxe agrandada mediante un sistema de lentes (ópticas, electrónicas ou acústicas).
microscopio acústicoMicroscopio que visualiza un obxecto de pequenas dimensións ao detectar as variacións que experimenta unha onda ultrasonora ao interaccionar co obxecto.
microscopio electrónicoMicroscopio cun alto poder de resolución que visualiza un obxecto de pequenas dimensións facéndoo interaccionar con electróns.
microscopio ópticoInstrumento que permite observar obxectos de pequenas dimensións producindo unha imaxe aumentada mediante un sistema óptico.
microscopio solarFÍSAparato que, nun cuarto escuro, proxecta sobre unha superficie branca a imaxe agrandada dun obxecto mediante a luz solar reflectida por un espello e concentrada por un sistema de lentes.