smRexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. A unidade habitual para medilo é o grao sesaxesimal.
ángulo agudoÁngulo menor ca o recto.
ángulo diedroRexión do espazo obtida como intersección de dous semiespazos.
ángulo do centroÁngulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous raios.
ángulo obtusoÁngulo maior ca o recto.
ángulo planoÁngulo que ten os lados formando unha soa recta.
ángulo poliedroÁngulo sólido formado pola intersección de tres ou máis semiespazos determinados por planos que teñen un punto común.
ángulo rectoÁngulo que ten os lados perpendiculares.
ángulos adxacentesDous ángulos contidos no mesmo plano que teñen o mesmo vértice e situados aos dous lados dunha semirrecta que lles fai de costado común.
ángulos complementariosDous ángulos convexos que suman un ángulo recto.
ángulos contiguosDous ángulos que teñen o vértice e un lado común, sen estar un contido no outro.
ángulos opostosÁngulos que teñen o mesmo vértice e nos que os lados dun, son a prolongación dos lados do outro.
ángulos suplementariosDous ángulos convexos que suman dous ángulos rectos.
FÍS
ángulo de aberturaÁngulo do cono de raios que, nun sistema óptico, parte do obxecto que está limitado pola pupila de entrada.
ángulo de incidenciaÁngulo formado polo raio incidente e a normal a unha superficie, que separa os medios, no punto de incidencia.
ángulo de polarizaciónÁngulo co que debe incidir un raio de luz sobre unha superficie separadora de dous medios con índices de refracción diferentes para que na luz reflectida non haxa compoñente paralela ao plano de incidencia.
ángulo de refracciónÁngulo formado por un raio refractado e a normal á superficie, que separa os medios, no punto de incidencia.
ángulo límitealor mínimo do ángulo de incidencia co que a luz pasa dun medio a outro de índice de refracción menor a partir do que ten lugar a reflexión total.
ángulo visual de dous puntosÁngulo formado por dúas rectas que pasan por dous puntos e converxen no ollo.
ángulo de contactoFÍSÁngulo que forma a superficie dun líquido no punto en que este contacta coas paredes que o conteñen.
ángulo de diverxenciaBOTÁngulo que forman os dous planos mediais de simetría que corresponden a dúas follas inmediatamente consecutivas.
ángulo do cénit/acimutalASTRONÁngulo esférico formado no cénit polo meridiano celeste e a vertical do astro considerado.
ángulo facialANTROP/FISIOÁngulo formado pola intersección das dúas rectas, unha desde a fronte ata os alvéolos da mandíbula superior e outra desde aí ata o conduto auditivo.