meteoroloxía

< gr μετεωρολογία
Pliral: meteoroloxías
  1. s f METEOR Ciencia que estuda a atmosfera e os fenómenos que nela se producen.
  2. meteoroloxía aplicada METEOR Aplicación da meteoroloxía a diferentes campos, como a agricultura e o mar, que fai referencia ao estado das variables nun momento determinado.
  3. meteoroloxía dinámica METEOR Rama da meteoroloxía que estuda as leis de movementos da atmosfera e os mecanismos de formación e desenvolvemento dos sistemas ou perturbacións meteorolóxicas de diferentes escalas, aplicando as leis da dinámica de fluídos na atmosfera.
  4. meteoroloxía física METEOR Rama da meteoroloxía que estuda a radiación solar e outros tipos de enerxía que interveñen nos fenómenos meteorolóxicos.
  5. meteoroloxía sinóptica METEOR Aplicación diaria para a previsión do tempo.