pintura metafísicaARTEMovemento pictórico desenvolvido en Italia durante os anos 1916-1919 como reacción contra o futurismo. Retornou aos valores tradicionais da pintura pero dando aos personaxes e aos obxectos unha situación inhabitual.
poesía metafísicaLITTipo de poesía desenvolvida por un grupo de poetas ingleses do s XVII. Cultivaban unha poesía de inspiración relixiosa e de carácter e estilo enxeñoso, conceptista e hermético.
Citas
Coas súas reflexións metafísicas non lle entendemos nada
No exame preguntáronme polos metafísicos da antigüidade