meta-

< gr μετα
  1. pref Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘cambio, transformación ou unión’.
  2. pref QUÍM Forma prefixada que indica que, nun anel bencénico, están substituídas as posicións 1 e 3.
  3. pref QUÍM Forma prefixada que indica que un ácido ou unha base teñen un grao de hidratación menor ca as outras dúas formas piro- e orto-.

Citas

  • metacarpo, metafonía, metalinguaxe, metalóxica