sfSubstancia que resulta de mesturar dúas ou máis cousas.
sfFÍSSuperposición de distintos sinais eléctricos co fin de obter outros de características determinadas.
sfFÍS/QUÍMSistema formado por dous compoñentes ou máis en calquera proporción, que se poden separar por medios físicos.
sfQUÍM/INDOperación de mesturar dous compoñentes sólidos ou máis, xeralmente en forma granular ou de po, para obter un produto homoxéneo.
sfTECNOLSistema gasoso constituído por aire e carburante, utilizado nos motores de combustión interna.
grao de mesturaFÍSConcepto que expresa o grao de desorde termodinámica dunha mestura de fluídos.
método das mesturasFÍSMétodo calorímetro que consiste en medir a cantidade de calor producida na evolución dun sistema mediante a diferenza de temperatura que esta evolución provoca nunha substancia que previamente foi mesturada.
mestura frigoríficaTECNOLMestura de dúas substancias ou máis, unha delas sólida, que cando se efectúa produce un descenso da temperatura.
pan de mesturaPan feito con fariña de trigo mesturada con fariña de centeo.