mesquiño -ña

< ár miskīn ‘pobre, desgraciado’
Pliral: mesquiños Masculino: mesquiño Masculino plural: mesquiños Femenino: mesquiña Femenino plural: mesquiñas
  1. adx Que escatima no que gasta ou no que dá. Tm s.
  2. adx Que carece de xenerosidade e nobreza. Tm s.
  3. adx Que é escaso ou de cantidade reducida.

Citas

  • Co novo traballo mellorou a vida mesquiña que levaba
  • Danlle unha axuda mesquiña, non lle chega a nada
  • Dunha persoa mesquiña coma el non esperes nada, O mesquiño non a acolleu na súa casa
  • Hai que ser unha persoa moi mesquiña para aforrar en comida, Sempre foi un mesquiño, por aforrar só comía unha vez ao día

Refranes

  • Morre de sede o mesquiño e está no medio do río.
  • Na casa do mesquiño, cando hai para pan, non hai para viño.

Formas incorrectas

mezquiño -ña

Palabras vecinas