mentireiro -ra

< mentir
Pliral: mentireiros Masculino: mentireiro Masculino plural: mentireiros Femenino: mentireira Femenino plural: mentireiras
  1. adx Que mente. Tm s.
  2. adx Que ten o costume de dicir mentiras. Tm s.

Citas

  • O curmán de Filipe é moi mentireiro, O mentireiro acaba por non ter amigos.

Refranes

  • A mentira é de cristal e por ela traslócese a verdá.
  • A mentira logo é collida.
  • A mentira nunca ten moita vida.
  • Dicir unhas veces torto e outras dereito é de xente de mal xeito.
  • Máis axiña se calle un mentiroso que un coxa.
  • Máis axiña se colle un mentireiro que un coxilitranqueiro.
  • Mentir non é deshonra mais é cousa de mala persoa.
  • O mentireiro cando dí a verdá, ninguén creto lle dá.
  • O que se di á noite e non é verdá, desfaise pala mañá.
  • O que sempre mente, nunca engana.
  • Primeiro cae o mintireiro có coxiliqueiro.
  • Quen me mente non me engana.
  • Quen minte lago se arrepinte.
  • Unha mentira descobre outra axiña.
  • Unha mentira doutra tira.

Palabras vecinas