meato

< lat meātu ‘camiño’
Pliral: meatos
  1. s m ZOOL Conduto ou canle natural nun individuo.
  2. s m BOT Espazo intercelular das células contiguas dos tecidos vexetais.
  3. meato auditivo externo ANAT conduto auditivo externo.
  4. meato nasal ANAT Espazo, superior, medio e inferior, que se sitúa na parede externa das fosas nasais, entre os cornetos correspondentes.
  5. meato urinario ANAT Orificio externo da uretra.