matrícula

< lat matricŭla
Pliral: matrículas
    1. s f Acción e efecto de matricular ou matricularse.
    2. matrícula de aeronaves DER Matrícula pública que acredita a nacionalidade e a propiedade das aeronaves.
    3. matrícula de barcos DER Lista das embarcacións inscritas en cada porto.
    4. matrícula de comerciantes DER Matrícula pública en que constan as persoas físicas ou xurídicas que exercen o comercio.
  1. s f
    1. Rexistro en que se inscriben oficialmente persoas ou cousas para un fin determinado.
    2. DER Inscrición identificativa de carácter legal que leva na proa, debaixo do nome, unha embarcación.
  2. s f Conxunto de persoas ou cousas matriculadas.
  3. s f Documento que acredita que algo ou alguén foi inscrito nun rexistro.
  4. s f Placa dun automóbil ou de calquera outro vehículo de tracción, que indica o número que lle corresponde nun rexistro.
  5. matrícula de honra EDUC Cualificación máxima extraordinaria que se obtén nunha materia de estudos.
  6. matrícula de mar HIST Alistamento obrigatorio dos homes de mar para a mariña, ordeado en 1726. Habitualmente, servían na mariña de guerra durante dous anos ou campañas, e era obrigatoria para poder navegar e traballar na industria naval. Conservou a súa vixencia ata 1872.

Sinónimos

Citas

  • Caeulle a matrícula do coche cando ía pola autoestrada
  • Este ano houbo menos matrícula ca outros no instituto do meu irmán