Figura de diferentes materiais, que imita unha cara, con buracos para os ollos e a boca, co que unha persoa cobre o rostro.
Peza de veludo ou satén con buratos para os ollos, utilizada para tapar a cara e non ser recoñecido.
sfPeza empregada para protexer a cara.
sfDEPGorgueira e tea metálica bordeadas con coiro que, en esgrima, se adapta á cara por medio dunha tira elástica.
máscara antigásCareta de caucho ou lona impermeable, que protexe os ollos e as vías respiratorias nun entorno de aire irrespirable.
máscara de apicultorCareta de tule ou tea metálica, destinada a protexer a cara e a cabeza das picaduras das abellas ao manipular as colmeas.
máscara de osíxenoCareta que cobre o nariz e a boca e que axuda a inhalar o osíxeno que procede dun depósito.
máscara de seguridadeCareta provista de filtros de vidro, empregada polos obreiros para protexer o rostro nalgúns traballos perigosos.
máscara ritual /RELIX/HISTMáscara empregada, na maioría das relixións primitivas, nas funcións rituais. O seu uso implica o designio de anular ou amargar a individualidade humana do suxeito e de substituílo por personaxes imaxinarios, mitolóxicos, deuses, demonios ou animais.
sfMEDPano que se emprega para cubrir a boca e o nariz para evitar a trasmisión de xermes ou a inhalación de gases tóxicos.
sfFalsa aparencia de que se reviste unha persoa con tal de encubrir os seus verdadeiros sentimentos, pensamentos, obxectivos e a súa maneira de ser.
sfCareta para aplicar un medicamento ou cosmético na cara.
sfPersoa que leva a cara tapada cunha máscara.
sfMolde sacado da cara dunha persoa, especialmente dun cadáver.
sf
Reprodución plástica do rostro dunha persoa ou dun cadáver.
Preparado cosmético reparador que se aplica na cara.
sfENTOMAparato bucal das larvas dos insectos, da orde dos odonatos, que se atopa pregado baixo a cabeza en repouso e se estende para capturar as presas.