maquis

< fr maquis ital macchia ‘campo cuberto de maleza’
Pliral: maquises
  1. HIST
    1. adx Relativo ou pertencente ao maquis.
    2. s m Partidario do maquis.
    3. s m Organización de resistencia armada francesa contra a ocupación alemá na Segunda Guerra Mundial (1939-1945).
    4. s m Movemento armado de resistencia antifranquista que se desenvolveu en diversos puntos da xeografía española tras a Guerra Civil (1936-1939).
  2. s m HIST Lugar pouco accesible que serviu de refuxio aos membros da resistencia francesa durante a ocupación nazi de Francia.
  3. s m BOT Formación vexetal formada por arbustos e matas aromáticas, propia de solos silíceos e calizos do clima mediterráneo.