Peza tecida de la, algodón ou fibras sintéticas de cores diversas que se usa como abrigo na cama.
Calquera peza de roupa de abrigo.
sfANIMAL/ICTPeixe cartilaxinoso, da familia dos mobúlidos, semipeláxico ou peláxico, plano, coa aleta dorsal que remata ao mesmo nivel ca as ventrais, a boca é ínfera e presenta un aguillón de marxes denticulados detrás da aleta dorsal.
manta calefactoraTECNOLCalefactor formado por unha resistencia eléctrica recuberta dun material illante e resistente á calor, colocada ao redor dun recipiente, que serve para quentar o líquido que contén.