manifesto

Pliral: manifestos
  1. adx Que se ve ou se aprecia con claridade, sen que haxa lugar a dúbida.
  2. adx RELIX Aplícase ao Santísimo Sacramento cando se expón para a adoración dos fieis.
  3. s m
    1. Escrito en que se manifesta algo.
    2. SOCIOL Documento en que un goberno, partido ou grupo dá a coñecer unha ideoloxía, idea, pensamento ou propósito.
    3. DER Documento que debe presentar na aduana o capitán dun barco en que consta a relación da carga polo miúdo.