manía

< lat manĭa gr μανία ‘loucura’
Pliral: manías
  1. PAT
    1. s f Psicose caracterizada por unha exaltación das facultades vitais: euforia esaxerada, aceleración do curso das ideas e axitación psicomotora.
    2. manía de grandeza Obsesión por aparentar importancia esaxerada ou riquezas.
    3. manía persecutoria Obsesión de ser obxecto de mala vontade por parte doutra ou doutras persoas.
  2. s f Costume raro que se practica en exceso.
  3. s f Mala vontade ou animadversión contra algo ou alguén.

Sinónimos

Confrontaciones