mando

< mandar
Pliral: mandos
  1. s m Acción de mandar.
  2. s m
    1. Facultade para mandar con poder para obrigar a obedecer.
    2. Persoa ou colectivo que ten o poder ou a responsabilidade de mandar.
  3. s m TECNOL Conxunto de accións e instrucións para conseguir que un elemento dun aparato ou dun sistema realice unha determinada función.
    1. s m Cada un dos instrumentos que actúan sobre os mecanismos dun vehículo, dunha máquina ou dun motor, modificando algunha característica, e que permiten a dirección e o control do funcionamento.
    2. mandos de voo AERON Conxunto dos dispositivos que permiten accionar os temóns dunha aeronave para controlar o seu movemento.

Citas

  • Non me deas ordes que non tes mando sobre min
  • O mando do escuadrón deu a orde de atacar