Parte terminal do brazo, que comprende os ósos carpo, metacarpo e os cinco dedos.
Extremidade anterior en animais cuadrúpedes.
Extremidade posterior dos mamíferos cun dedo máis groso, que se atopa oposto aos outros dedos.
Extremo prensil da trompa dos elefantes.
sfConxunto de vinte e cinco follas de papel que forman a vixésima parte dunha resma.
sfLado dereito ou esquerdo con respecto de algo ou alguén.
sfHabilidade ou destreza dunha persoa para facer certas cousas.
sfPoder, mando ou influencia sobre algo ou alguén.
sfIntervención ou participación de alguén nalgunha cousa.
sfoz para pedir auxilio ou axuda.
sfPINTCapa de diversos materiais, sobre todo pinturas e vernices, que se aplica de cada vez sobre unha superficie en máis dunha ocasión.
sfMango ou empuñadura de certos apeiros.
sfCantidade grande dunha cousa.
sfXogada parcial de cada partida, xeralmente nos xogos de sobremesa.
sfXogador ao que lle corresponde xogar primeiro nunha xogada e tamén ao que lle toca repartir as cartas.
sfPersoa dispoñible para un traballo.
a man alzadaPOLÍTotación pública en que o elector emite o seu voto alzando a man.
a man armadaDERDelito perpetrado con armas.
man de obraECON
Traballo físico incorporado a un proceso de produción.
Conxunto de obreiros asalariados dun sector ou dun país determinado.
man forteDERConxunto de xente armada para facer cumprir o que o xuíz ordene.
mans mortasDER/HISTLexislación de orixe medieval que prohibía a venda dos bens poseídos ou adquiridos.
regraFÍSRegra que indica a dirección dun campo magnético producido por unha corrente eléctrica, segundo a que se o dedo polgar da man dereita se sitúa na dirección da corrente eléctrica, a dirección do campo magnético vén dada pola posición dos outros dedos ao rodear o fío condutor. OBS: Tamén se denomina regradotirarrollas.