andino -na

Pliral: andinos Masculino: andino Masculino plural: andinos Femenino: andina Femenino plural: andinas
  1. adx Relativo ou pertencente aos Andes, á rexión dos Andes ou aos seus habitantes.
  2. s ETN/ANTROPFÍS Natural ou habitante dos Andes ou da rexión dos Andes.
  3. área andina ETN/ANTROPFÍS Área cultural de América do Sur que se estende, aproximadamente, entre os 2° latitude N e os 30° latitude S, na rexión dos Andes.
  4. rexión andina BIOL/XEOG Rexión bioxeográfica neotropical que comprende os pisos superiores dos Andes, desde o centro de Chile e Arxentina ata Colombia e Ecuador.