andaluz -za

Pliral: andaluces Masculino: andaluz Masculino plural: andaluces Femenino: andaluza Femenino plural: andaluzas
  1. adx Relativo ou pertencente a Andalucía ou aos seus habitantes.
  2. s Natural ou habitante de Andalucía.
  3. s m LING Dialecto do castelán.
  4. raza andaluza bovina ZOOL Raza bovina integrada por animais de perfil cóncavo, do tipo ibérico; desta raza é o touro de lidia.
  5. raza andaluza cabalar ZOOL Raza de cabalos integrada por animais de perfil lixeiramente convexo, de lombo arredondado e amplo, harmoniosos de proporcións e cadenciosos de movementos.