macela

< mazá
Pliral: macelas
  1. s f PLANTA Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas con segmentos rematados en mucrón, capítulos con lígulas brancas e o froito en aquenio.
  2. s f Infusión medicinal que se fai coas flores da macela, e que se toma como tónico estomacal.
  3. macela brava PLANTA Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas bipinnadas e pubescentes, capítulos solitarios e froito en aquenio.
  4. macela mariña PLANTA Planta herbácea perenne, da familia das asteráceas, de follas alternas, pinnatisectas, con segmentos carnosos e capítulos con lígulas brancas e o flósculo amarelo-verdoso.