lóxica

< lat logĭca gr λογικ ή έ
Pliral: lóxicas
  1. s f FILOS Ciencia que estuda os enunciados válidos ou formalmente verdadeiros ou que trata da relación de consecuencia entre enunciados. 
  2. s f Maneira de pensar ou de razoar.
  3. s f Explicación, acción ou razoamento coherente.
  4. s f Forma natural de desenvolverse algo.
  5. lóxica alxébrica MAT Estudo alxébrico da lóxica como linguaxe, das estruturas que presentan as diferentes lóxicas para chegar a atopar estruturas alxébricas, pouco usuais no ámbito da álxebra clásica.
  6. lóxica da mecánica cuántica FÍS Lóxica non clásica xurdida no ámbito da mecánica cuántica cando nas proposicións relativas aos enunciados desta mecánica poden ser representadas por subespazos pechados dun espazo de Hilbert complexo e separable.
  7. lóxica electrónica FÍS Teoría matemática que permite establecer métodos alxébricos para o estudo e a resolución de problemas moi diversos de conmutación dos circuítos eléctricos.