loto

< lat lotu gr λωτός
Pliral: lotos
  1. s m PLANTA Planta herbácea acuática, da familia das ninfeáceas, perenne, rizomatosa, de follas peltadas e orbiculares de flores brancas.
  2. loto corniculado PLANTA Planta glabra, da familia das fabáceas, con follas imparipinnadas lanceoladas, inflorescencias sobre pedúnculos axilares e froito en legume.
  3. loto de India PLANTA Planta herbácea acuática, da familia das nelumbonáceas, perenne, rizomatosa, de grosas follas peltadas e circulares e de flores rosadas e olorosas.
  4. loto das charcas PLANTA Planta anual, da familia das fabáceas, con follas entre lineais e ovadas, flores pedunculadas dispostas en acios e froito de tipo legume.