lonxitude

< lat longitūdĭne
Pliral: lonxitudes
    1. s f A maior das dimensións dunha superficie, en oposición ao largo.
    2. s f A maior das dúas dimensións horizontais nun corpo tridimensional.
    3. lonxitude de onda FÍS Distancia mínima entre dous puntos que se atopan no mesmo estado de variación, na propagación dun movemento ondulatorio. Represéntase coa letra grega lambda, λ.
    4. lonxitude de onda complementaria FÍS Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada na proporción axeitada cunha luz cromática dada, permite reconstruír unha luz acromática patrón.
    5. lonxitude de onda dominante FÍS Lonxitude de onda dunha radiación espectral que, mesturada coa luz acromática patrón, permite reconstruír unha luz cromática dada. É a magnitude colorimétrica correspondente ao ton.
  1. s f XEOG Distancia en graos, medidos sobre o ecuador, que hai desde un lugar ao meridiano de orixe, que é o que pasa polo observatorio de Greenwich, a partir do que se conta negativamente de 0º a 180º cara ao O e positivamente de 0º a 180º cara ao L.
  2. lonxitude celeste ASTRON Arco da eclíptica determinado polo punto vernal e a intersección do círculo máximo que pasa polo astro, medido en sentido directo.
  3. lonxitude galáctica ASTRON Arco do círculo fundamental galáctico determinado polo círculo máximo que pasa polo astro e un punto que se toma como orixe, fixado por convenio.

Sinónimos

Citas

  • Descoñezo a lonxitude desta cinta
  • O autobús ten máis lonxitude do habitual