londra

< lat Lutra
Pliral: londras
  1. s f ANIMAL Mamífero da familia dos mustélidos, dos xéneros Lutra, Pteronura, Aonyx e Enhydra, que se caracteriza por ter un tronco longo e flexible e unha cabeza esmagada e ancha. As patas son pequenas, con cinco dedos unidos por unha membrana. O pelo é denso e curto.
  2. s f londra común ANIMAL Mamífero carnívoro, da familia dos mustélidos, de corpo alongado, extremidades curtas, cabeza ancha e aplanada, cos ollos, oídos e orificios nasais desprazados cara a parte superior. O pelame é castaño cunha mancha máis clara na gorxa.
  3. londra mariña ANIMAL Mamífero carnívoro da familia dos mustélidos, co pelame negro con reflexos arxénteos, e é moi apreciado en peletaría.

Sinónimos

Palabras vecinas