literatura

< lat litteratūra
Pliral: literaturas
  1. s f Arte da escritura e da lectura.
  2. s f Conxunto de obras literarias dun pobo, dunha época ou dun xénero.
  3. LIT
    1. s f Actividade intelectual centrada no estudo da produción literaria.
    2. literatura comparada Disciplina da ciencia da literatura que se ocupa do estudo da literatura máis alá dos límites dun único país e das relacións que se establecen con outros ámbitos do coñecemento.
    3. literatura infantil Literatura destinada a un público infantil.
  4. s f Conxunto de obras sobre unha materia ou un tema determinado.
  5. s f Escrito ou parlamento que divaga ao redor dun tema concreto, en que se obvia a parte práctica ou interesante.

Citas

  • Todo o seu discurso foi mera literatura