anastomose

< lat anastomōsis gr ἀ ναστόμωσις ‘embocadura’
Pliral: anastomoses
  1. s f ANAT Reunión de dous vasos ou nervios, directamente ou mediante un terceiro.
  2. MED
    1. s f Comunicación artificial entre dous condutos orgánicos normalmente separados, con fins terapéuticos.
    2. anastomose porto-cava Comunicación de tipo terminal-lateral ou lateral-lateral entre as veas porta e cava que se efectúa para derivar o sangue da porta ao corazón, evitando o fígado, para diminuír a hipertensión portal nas enfermidades cirróticas e tratar a hemorraxia das varices esfáxicas.
  3. s f XEOG Proceso polo que o curso dun río presenta unha serie de canles que se entrecruzan formando unha rede non xerarquizada, polo que se acaban formando ínsuas.