linfoide

< linf- + -oide
Pliral: linfoides
  1. adx FISIOL Que se asemella á linfa ou ao tecido linfático.
  2. órgano linfoide ANAT Órgano que forma parte do sistema inmunolóxico. Teñen un importante papel na produción e activación de linfocitos, e clasifícanse en primarios e secundarios.
  3. tecido linfoide ANAT Tecido onde se producen os linfocitos, que se atopa en diversos lugares do corpo como os ganglios linfáticos, o timo, o bazo, as amígdalas, a medula ósea ou tamén disperso no sistema dixestivo ou no respiratorio.