sistema linfáticoFISIOL/ANATSistema complexo constituído por capilares, vasos, colectores linfáticos, nódulos linfáticos, o bazo, amígdalas e o timo, que é por onde circula a linfa nos animais vertebrados. A súa función é drenar a linfa sobrante dos espazos intercelulares e devolvela ao sistema circulatorio, transportar parte das graxas que se absorben na dixestión e ser un dos compoñentes importantes do sistema inmunitario do organismo.