limpafontes

Pliral: limpafonteses
  1. s m ANIMAL Anfibio urodelo, da familia dos salamándridos, de pequeno tamaño, corpo alongado con extremidades pequenas e cola aplanada lateralmente. Aliméntanse de pequenos artrópodos, anélidos ou lesmas.
  2. limpafontes común ANIMAL Urodelo, da familia dos salamándridos, coa cola aplanada lateralmente e de igual tamaño que o resto do corpo. A cor do dorso é parda amarelenta, olivácea ou marrón, e o ventre é laranxa e con manchas escuras irregularmente repartidas.
  3. limpafontes palmado ANIMAL Urodelo, da familia dos salamándridos, que presenta unha banda escura desde o orificio nasal ata o ollo, que pode prolongarse,  e a cola aplanada lateralmente e de lonxitude similar á do corpo. Ten dorso de cor parda amarelenta, olivácea ou marrón, con ou sen manchas escuras, e o ventre amarelo, máis claro nos costados.
  4. limpafontes verde ANIMAL Urodelo de tamaño mediano, da familia dos salamándridos que presenta unha prega moi patente entre a cabeza e o corpo, o dorso verde intenso, sobre o que aparecen manchas de tamaño variable e o  ventre presenta un fondo claro con pequenas manchas escuras.