Aplícase ao país ou rexión que non está baixo o dominio doutro.
Aplícase ao país ou estado no que se respecta os dereitos dos cidadáns.
BOTAplícase ás pezas florais que non están soldadas.
adxQue non está sometido a regras nin condicións.
adxQue se pode mover con liberdade.
adxQue non presenta obstáculos.
adxQue se pode acceder con liberdade.
adxEDUCAplícase ao tipo de ensino en que o alumno ten dereito a examinarse sen que asistise a clase.
adxTECNOLAplícase á peza dunha máquina que se pode mover de xeito independente da engrenaxe.
adxFÍS/QUÍMAplícase a un corpo químico que non está combinado.
acento libreLINGAcento propio das linguas que, por razón da súa estrutura, admiten en sílabas distintas das palabras, segundo as diversas circuntancias fonéticas, morfolóxicas e sintácticas.
forma libreLINGForma que pode ser usada como unha proposición.
libre comercioECONForma do tráfico mercantil no que a circulación das mercadorías se establece segundo decisións individuais.
mans libresTECNOLDispositivo que, acoplado a un teléfono móbil, serve para poder facer ou recibir chamadas sen necesidade de empregar as mans, activando o teléfono por medio da voz ou presionando só unha tecla.
tradución libreTradución que ten en conta as peculiaridades estilísticas da lingua e do texto que se está a traducir, e que se axusta ao sentido e non á literalidade das palabras.
variación libreLINGariación que se dá cando dúas unidades foneticamente distintas poden aparecer nun mesmo contexto sen presentar un contraste mutuo.
vogal/sílaba libreLINGogal que non vai seguida de consoante na mesma sílaba.
adxDEPAplícase ao exercicio ou proba en que o participante ten unha certa liberdade para a súa realización.
adxDEPAplícase ao xogador sen unha posición nin marcaxe fixa que, no fútbol, se dedica fundamentalmente a labores de defensa. Tm s.
adx
Que non está ocupado ou cheo.
Que non está comprometido.
Que está solteiro ou solteira e sen compromiso.
adx
Que non ten nada negativo.
Que está dispensado de algo.
adxAplícase ao tempo do que se dispón fóra do traballo ou das obrigas habituais.
FÍS/QUÍM
enerxía libreEnerxía que relaciona a variación da enerxía interna (U) ou da entalpía (H) coa variación da entropía (S), e que serve para indicar en que dirección evolucionará de xeito espontáneo o sistema.
enerxía libre de Gibbs [G]Enerxía libre nun proceso a presión constante, e que vén definida pola ecuación G=H-TS, onde H é a entalpía do proceso, S a entropía e T a temperatura.
enerxía libre de Helmholtz [F]Enerxía libre nun proceso a volume constante, e que vén definida pola ecuación F=U-TS, onde U é a enerxía interna do proceso, S a entropía e T a temperatura.