Facultade e dereito das persoas para obrar segundo os seus criterios, sen mandato ou imposición.
Permiso que ten alguén para facer algo.
p extDesenvoltura ou naturalidade de movemento.
DER
liberdade de expresiónDereito fundamental mediante o que toda persoa pode manifestar publicamente as súas opinións ou crenzas.
liberdade de pensamentoLiberdade de xulgar sen imposición de dogmas nin de ditados.
liberdade individualEstado dos cidadáns que son libres en todo aquilo que a lei non prohibe explicitamente.
liberdade provisionalSituación de liberdade que se lle concede ao procesado durante a tramitación da causa, baseándose nos antecedentes penais e na natureza do delito.
liberdade relixiosaDereito individual para profesar calquera crenza relixiosa e para manifestala a través de cerimonias litúrxicas.
liberdade vixiladaMedida aplicada nas penas de confinamento pola que o condenado queda en liberdade baixo a vixilancia da autoridade correspondente.
liberdades individuais/públicasConxunto de dereitos recoñecidos a toda persoa como fundamentais e inviolables nunha Constitución.
liberdades políticasConxunto de liberdades establecidas nos países democráticos que permiten aos cidadáns a participación nos asuntos políticos.
liberdade condicionalBeneficio outorgado a un recluso polo que obtén a liberdade antes de finalizar a condena. Pode estar concedida pola autoridade xudicial, administrativa ou penitenciaria.
liberdade de contrataciónPrincipio polo que toda persoa con capacidade suficiente pode concluír contratos privados con plena autonomía, sempre que non atente contra as leis, a moral ou a orde pública.
sfFILOSPosibilidade de decidir por un mesmo sobre a propia conduta e sobre o sentido ou a configuración da existencia, e que achega unha capacidade de elección entre diversas alternativas e unha facultade para trascender aquelas determinacións que se consideran alleas, extrínsecas e indebidas.
sf plConfianza ou familiaridade excesiva que ten unha persoa con outra.
Citas
Déronlle liberdade para elixir o horario de traballo
Esta roupa permíteche correr con total liberdade
Sempre tivo liberdade para actuar como mellor lle pareceu, Elixiu con total liberdade
Refranes
A liberdade non hai quen a pague, porque non se sabe o que vale.
Cabra coxa non precisa corda nin solta.
Comer, a gusto; vestir, Ao uso.
Feita a gaiola, morto o paxaro.
Gaiola nova, paxaro vello.
Non áte-Ia boca Ao boi que traballa.
O amor non ten pechadura en celeiro nin en hucha.
O boi ceibo ben se lambeo
O boi sen corda pérdese axiña.
O boi solto de seu se lambeo
O que ten liberdade non. sabe o que ten, se é que o pensa ben.
Pobre do can que polo rabo se deixa agarrar.
Quen poida ser libre, non se cautive.
Vale máis traco nun garabato que gordo no papo do gato.