liberalismo

< liberal
Pliral: liberalismos
  1. s m Calidade de liberal, especialmente en economía ou política.
  2. s m DER/ECON Doutrina e sistema que defende a liberdade política e económica. Parte do recoñecemento da liberdade como un dereito para todos os homes, pero o sentido preciso do termo cambia segundo o terreo específico ao que se refire e modificouse considerablemente ao longo do tempo.
  3. liberalismo económico ECON Doutrina e sistema económico que se basean na convicción de que a liberdade dos comportamentos individuais garanten unha produción óptima co mínimo custo. Defende que o afán de ganancia e o espírito de competencia individual concordan cos intereses necesarios para o bo funcionamento da economía, e oponse ao control por parte do Estado, que debe limitarse a asegurar a liberdade de contratación, o cumprimento da lei, e favorecer o libre xogo dos mecanismos do mercado.

Sinónimos