analítico -ca

Pliral: analíticos Masculino: analítico Masculino plural: analíticos Femenino: analítica Femenino plural: analíticas
  1. adx Relativo ou pertencente á análise.
  2. FILOS
    1. adx Que se basea na análise.
    2. filosofía analítica Conxunto de tendencias filosóficas heteroxéneas que coinciden en rexeitar o idealismo e a metafísica para interesarse pola lóxica e pola análise como un método para o estudo da linguaxe.
    3. xuízo analítico Xuízo en que o predicado está contido no concepto-suxeito, polo que non aumentan o coñecemento e son exclusivamente aclaratorios.
  3. linguas analíticas LING Linguas do dominio indoeuropeo que foron perdendo a flexión das palabras e empregaron palabras auxiliares para expresar as relacións sintácticas.
  4. método analítico PEDAG Método pedagóxico que se basea na análise global dos obxectos antes de proceder á reconstrución.