lente

< lat lente ‘lentella’
Pliral: lentes
  1. s f FÍS Sistema óptico formado por dúas superficies refrinxentes, unha delas curva, cun eixe común, denominado eixe principal. Atendendo á forma das superficies, clasifícansen en biconvexas, plano-convexas, cóncava-convexas, plano-cóncavas e bicóncavas, e atendendo á maneira de desviar os raios de luz, en converxentes e diverxentes.
  2. s f IMAX Peza de vidro de formas variadas que se empregan para refractar a luz dun modo concreto, e que están deseñadas para actuar conxuntamente con outros elementos do obxectivo e así poder obter unha imaxe nítida.
  3. s f Utensilio que esta formado por dúas lentes fixas munha armazón que se aopia no nariz e nas orellas e que se emprega para correxir defectos visuais.
  4. lente de contacto MED Cápsula de plástico ou de vidro, discoide, cóncava-convexa que se aplica sobre a córnea para corrixir algún defecto da visión.
  5. lente electrónica FÍS Dispositivo que permite desviar ou enfocar un feixe electrónico.
  6. lente gravitacional ASTRON Efecto de desdobramento da imaxe que se produce ao pasar a luz dun obxecto celeste arredado preto doutro máis próximo.
  7. lentes de Fresnel FÍS idros ou plásticos tallados, derivados de lentes plano-convexas, que fan que os raios de luz que chegan paralelos ao eixe óptico, se concentren nun só punto ou foco, e cando saen deste, fanos paralelos nun tubo de luz.

Sinónimos