sfNorma xurídica de carácter xeral e obrigatorio, ditada polos órganos estatais ou autonómicos aos que a Constitución e os Estatutos de Autonomía atribúen o poder lexislativo.
lei adxectivaDenominación que se adoita dar á lei procesual e á lei penal, en tanto que regulan a actividade procedemental desenvolvida polos organismos xurisdicionais e castigan as condutas punibles segundo a lei penal.
lei de basesLei aprobada pola asemblea lexislativa que ten por finalidade delegar noutro órgano a formación de textos articulados, delimitando con precisión o obxecto e o alcance da delegación.
lei de contratoFacultade que o ordenamento xurídico outorga aos contratantes de regular, ao seu arbitrio, o contido do contrato en todas aquelas materias en que predomina o principio de autonomía privada. Os pactos ou as cláusulas contractuais que se derivan teñen forza de lei entre as partes contratantes se non son contrarias ás leis, á moral e á orde pública.
lei fundamentalLei que define e regula a actividade, a organización e as institucións políticas dun estado.
lei marcialDisposición de carácter punitivo ditada pola autoridade militar en situacións como as de estado de guerra ou similares.
lei orgánicaLei para regular o desenvolvemento dos dereitos fundamentais e liberdades públicas, a aprobación dos estatutos de autonomía, do réxime electoral xeral e outras materias explicitamente establecidas na Constitución de 1978. A súa aprobación, modificación e derrogación esixe o voto favorable da maioría absoluta dos membros do Congreso dos Deputados.
lei particularNorma xurídica que se refire exclusivamente a unha certa categoría de persoas, cousas ou relacións xurídicas ou que rexe unicamente en lugares determinados.
lei positivaLei ou conxunto de normas ditadas polo poder lexislativo competente para regular as necesidades xurídicas da comunidade.
lei recompiladaDisposicións recollidas sistematicamente das diferentes lexislacións estatais.
lei substantivaDenominación que se adoita dar ás leis civís non procesuais.
sfNorma ou conxunto de normas que regulan a conduta dos homes e que se establecen a partir dunha forza ou autoridade válida para todo o mundo na medida en que acepta ou fai aceptar.
lei divinaRELIXLei que invoca a Deus como autor ou fundamento.
lei moralFILOS/RELIXLei que emana da conciencia e obriga a facer o ben e a evitar o mal.
lei natural /DER/FILOS/RELIXLei que invoca unha orde racional, de valor para todo o mundo, segundo a cal deben configurarse tanto o comportamento do individuo como as relacións sociais dentro da comunidade humana.
lei nova/de graza/evanxélicaRELIXEconomía da salvación instaurada e cumprida en Xesús Cristo, en contraposición á orde salvadora do Antigo Testamento. Aplícase a expresión ao conxunto de normas ideais promulgadas no sermón da montaña.
sfRegra universal á que están suxeitos os fenómenos da natureza.
sfFÍSEnunciado do comportamento dun fenómeno natural, obtido por indución, despois de ter analizado un número finito de experiencias análogas e expresado mediante unha relación matemática.
sfLINGFormulación dun feito que ten lugar regularmente na produción dun fenómeno lingüístico calquera.
sfLINGCada unha das leis establecidas a partir da repetición dun fenómeno que ten lugar nunha articulación, nunha zona e un tempo determinados.
sfMATRegra, fórmula ou relación que se cumpre cos valores dunha variable ou os termos dunha serie.
lei de probabilidadeMATLei que dá o valor da probabilidade dun determinado acontecemento, expresada xeralmente mediante a función de distribución.
sf
Regra, norma ou costume establecidos.
Calidade, peso, medida que debe ter un xénero segundo a lei.
NUMIS/ARTEProporción de metal precioso, ouro ou prata, que contén unha moeda, unha xoia ou unha peza.
libro da leiRELIXNome dado ao Pentateuco como expresión típica da economía de salvación do AntigoTestamento, atribuída ao propio Moisés.
lei económicaECONExplicación das relacións que determinan un fenómeno económico, establecida como verdadeira e susceptible de ser contrastada pola realidade.
lei secaHIST/DERLei ditada en 1919 en EEUU, que prohibía a circulación e o consumo de bebidas alcohólicas no territorio da unión. Foi derrogada en 1933 pero nalgúns estados mantense aínda que parcialmente modificada.