sfMamífero do xénero Lepus, da familia dos lepóridos, con patas e orellas bastante longas, tendo estas últimas os extremos negros.
lebre das xesteiras [Lepus castroviejoi]Lebre de cor parda amarela cunha zona branca no ventre. Presenta unha franxa clara distintiva na cara, entre os ollos e a parte inferior das meixelas. Atópase unicamente na Península Ibérica.
lebre europea [Lepus europaeus]A maior das lebres presentes na Península Ibérica, que chegou a medir 55,8 cm de corpo e pesar 4,4 Kg. Distribúese pola maior parte de Europa e parte de Asia, con excepción de Escandinavia, norte de Rusia e illas Británicas.
lebre ibéricaLebre de pelaxe parda, con tons amarelos no lombo, e branca no ventre. Posúe unha mancha branca na parte posterior das extremidades. Ten hábitos nocturnos e solitarios, e a súa alimentación consiste basicamente en poáceas. É un endemismo ibérico.
lebre de marANIMALMolusco gasterópodo, da familia dos aplísidos, de forma maciza e co dorso moi alto e con dous pregamentos dérmicos do manto que o recobren completamente xunto coa cuncha. Habita sobre rochas cubertas de algas das que se alimenta.