lazo

< lat tardío lacĕu lat laquĕu ‘nó’
Pliral: lazos
  1. s m Atadura cun nó corredío que se fai cunha corda ou cunha cinta e que se pode desfacer con facilidade ao tirar dun dos cabos.
  2. s m Atadura que se fai cunha fita ou cun cordón como adorno para suxeitar unha cousa con outra.
  3. s m Fita que se utiliza para facer lazadas ou adornos.
  4. s m Corda cun nó corredío que se utiliza para cazar animais.
  5. s m Rede ou malla para cazar coellos.
  6. s m Relación ou nexo entre persoas ou cousas.
  7. s m TÉXT Cada unha das cordas representativas dunha pasada que se tecen no aparello de ler os debuxos jacquard para pasalos a debuxos de cartón.
  8. s m ARTE Debuxo que nunha lazaría se repite sen solución de continuidade.

Citas

  • Aprendeu a botarlle o lazo aos cabalos no curro
  • Aprendinlle a facer os lazos do zapatos
  • Están unidos por lazos familiares
  • Gústalle recoller o pelo con lazos de cores
  • Mercou lazos vermellos para adornar a árbore de Nadal