smPeza de barro cocido ou secado ao sol, de forma rectangular, empregada na construción.
ladrillo agramiladoLadrillo prensado que ten as caras maiores fundidas para recibir a masa e evitar que as xuntas queden moi abertas. Emprégase nos paramentos de ladrillo visto.
ladrillo azul/santo/de ferroLadrillo elaborado con arxila rica en cal e óxido férrico, cocido ata a vitrificación que, pola súa dureza, se emprega nas construcións hidráulicas.
ladrillo cadradobaldosa.
ladrillo comúnLadrillo elaborado con barro cocido a temperaturas baixas (900-1.100°C).
ladrillo de cementoLadrillo elaborado por compresión dunha masa a base de area, cemento e cal hidraúlico, que non se somete a cocción.
ladrillo de vidroLadrillo elaborado con vidro que se emprega na construción de paramentos translúcidos, claraboias e outros elementos que permiten o paso da luz.
ladrillo esmaltado/de maiólicaLadrillo que ten unha das súas caras cubertas con esmalte. Emprégase con fins decorativos ou hidrófugos.
ladrillo furadoLadrillo que ten o seu interior percorrido por canles lonxitudinais.
ladrillo hidrófugoLadrillo que no seu proceso de elaboración inclúe unha capa vitrificada que o fai impermeable.
ladrillo refractarioLadrillo elaborado con materiais de alto punto de fusión. Emprégase para revestimentos de fornos.