itálico -ca

< lat Italĭcu
Pliral: itálicos Masculino: itálico Masculino plural: itálicos Femenino: itálica Femenino plural: itálicas
  1. adx Relativo ou pertencente á Italia antiga.
  2. adx Aplícase á escola filosófica de Pitágoras, establecida no S da Península Itálica.
  3. adx LING Aplícase ás linguas faladas en Italia antes da conquista total do país por Roma.
  4. s HIST Habitante da Italia centromeridional, agás os habitantes de Apulia, os etruscos e os italiotas.
  5. dereito itálico DER Conxunto de privilexios outorgados ás cidades e colonias romanas situadas fóra de Italia.
  6. letra itálica GRÁF
    1. Tipo de letra romana inclinada, gravada por Griffi en 1501 na edición de Virxilio de Aldo Manuzio. OBS: Tamén se denomina cursiva.
    2. Calquera letra inclinada.