ampola

< lat ampulla
Pliral: ampolas
  1. s f HIST aso de vidro de terracota, metal ou marfil, utilizado polos romanos.
  2. s f MED
    1. Recipiente de vidro soprado destinado a conter unha dose individual de medicamento.
    2. Cantidade de líquido que cabe nese recipiente.
  3. s f PAT Lesión elemental da pel que consiste nunha acumulación de líquido na epiderme que separa, levantándoa, a capa córnea das subxacentes.
  4. s f FÍS Avultamento producido na superficie dun metal pola expansión dun gas contido nel.
  5. s f ZOOL
    1. Dilatación que, en determinados puntos, presentan algúns condutos.
    2. Cada unha das vesículas que presentan certos equinodermos na base dos seus tentáculos ambulacrais.

Sinónimos

Citas

  • As sandalias novas fixéronlle unha ampola no pé
  • Tiña que tomar tres ampolas ao día, segundo lle dixo o médico
  • Xuntou todas as ampolas baleiras para tirar

Formas incorrectas

empola