isómero -ra

< gr ισομερ ή ς ‘de pares iguais’
Pliral: isómeros Masculino: isómero Masculino plural: isómeros Femenino: isómera Femenino plural: isómeras
  1. adx
    1. QUÍM Aplícase a dous ou máis compostos que presenten isomería. Tm s m.
    2. FÍS Aplícase aos núcleos que teñen o mesmo número de protóns e neutróns, pero que polo menos un deles está en estado isomérico.
  2. adx METEOR Que une os puntos en que a anomalía mensual ou anual de chuvia ten o mesmo valor, calculado en tanto por cento da chuvia normal. Tm s f, referido a liña.