isoetáceo -a

< lat científico Isoetes
Pliral: isoetáceos Masculino: isoetáceo Masculino plural: isoetáceos Femenino: isoetácea Femenino plural: isoetáceas
  1. adx Relativo ou pertencente ás isoetáceas.
  2. s f PLANTA Planta da familia das isoetáceas.
  3. s f pl PLANTA Familia de pteridófitas, integrada por plantas herbáceas, hidrófilas ou acuáticas, de talo moi curto, provista interiormente de apéndices radiciformes fasciculados, e coroada por unha roseta de follas liguladas e de base envaiñada.